A TVG retransmite por Facebook Live os concertos do Intercéltico de Lorient
mércores, 7 de agosto do 2019
Por
se alguén, non o sabe, estes dÃas estase a celebrar a 49 edición
do co probabelmente sexa o encontro musical e cultural máis
importante do mundo céltico, con perdón do Festival do Ortigueira.
Estamos a falar do Intercéltico de Lorient, na Bretaña
francesa, que homenaxea este ano a cultura galega. Alà atópase
estes dÃas un equipo da TVG, dando conta das principais actividades
do encontro, na que a nosa terra é co-protagonista xuntou co resto
dos paÃses célticos: Asturias, Bretaña, Cornualles, Gales, Irlanda
ou Escocia, entre outros. A
gran novidade tecnolóxica é que a CRTVG está a emitir por
Facebook, Live algunhas das principais actuacións do certame, no
que participan uns 300 artistas da todos os recantos da nosa
xeografÃa.
Hoxe,
desde as 20.20 h, o Facebook da Televisión de Galicia ofrecerá unha
redifusión da Noite Intercéltica que se celebrou onte e, a partir
das 21.30 h, poderanse seguir os concertos de Rubén Alba, Nevolen e
Ti Lyannaj.
Por
outra banda, para quen non poida seguir en directo os espectáculos,
a CRTVG lembra que os medios públicos están a tirar proveito das
súas canles dixitais como Twitter
ou Instagram para
difundir fragmentos de concertos de grupos galegos, asturianos ou
escoceses.
Ademais,
a compañÃa de televisión autonómica sinala que todo o material
gravado será empregado para facer un programa especial sobre esta
edición do Festival Intercéltico, que se poderá ver na Galega
despois do verán. Asà mesmo, os Telexornais desta semana están a
informar sobre o festival, con pezas producidas polo xornalista
Arturo Fernández, desprazado a Lorient.