A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou este xoves 8 de outubro o Día da Ciencia en Galicia, ao tempo que entregou as Medallas de Investigación a cinco científicos de prestixio en cada unha das súas cinco seccións: Carlos Salgado, José Manuel Sabucedo e Luis Miguel Botana, da USC, xunto con Jesús Simal e Xosé Ramón Nóvoa, da Uvigo. Amais, a RAGC entregou galardóns aos investigadores do CiMUS da USC e máis do Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC que resultaron gañadores dos Premios de Investigación 2020 nas categorías senior e mozos. O acto celebrouse no Palacio de Fonseca, en Santiago, e contou coa presenza do presidente da RAGC, Juan M. Lema Rodicio, e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Asistiron tamén o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; o coordinador do CSIC en Galicia, Antonio de Ron; e o almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol, Antonio Duelo.

Na conmemoración desta homenaxe participaron tamén o Consello da Cultura Galega e o Concello de Ferrol, que colaboraron na edición dunha monografía que recolle os principais fitos da traxectoria científica, persoal e social de Comerma, así como un roteiro que percorre os puntos máis emblemáticos da cidade de Ferrol relacionados co enxeñeiro.
Medallas e premios de investigación

Recibiron a distinción José Manuel Sabucedo, catedrático de Psicoloxía Social da USC (Medalla Domingo García-Sabell Rivas); Xosé Ramón Nóvoa, catedrático de Química da UVigo (Medalla Isidro Parga Pondal); Luis Miguel Botana, catedrático de Farmacoloxía da USC (Medalla Ánxeles Alvariño); Carlos Salgado, director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías da USC (Medalla Enrique Vidal Abascal); e Jesús Simal, catedrático de Nutrición e Ciencia Alimentaria da Uvigo (Medalla Antonio Casares Rodríguez).

O enxeñeiro Raúl Santoveña, do Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC, recolleu o premio para investigadores mozos. O seu traballo, publicado o mes pasado na prestixiosa revista Nature Communications, baséase no descubrimento dun novo tipo de estrelas moi ricas en fósforo, o que podería desvelar a orixe deste elemento fundamental para a vida na Terra.
En ambas as dúas categorías foron entregadas hoxe mencións honoríficas. No caso do premio a investigadores sénior, a no enxeñeiro Jesús Balado, do grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas da Universidade de Vigo. Na categoría de investigadores mozos, a Esteban Suárez, do grupo Nanobiomol do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da USC.

