A RAG actualiza o deseño da súa páxina web

xoves, 15 de abril do 2021 Redacción

A Real Academia Galega renovou a imaxe da súa páxina web cunha nova portada que simplifica o acceso aos diferentes recursos da institución e mellora o uso do seu dicionario de consultas en liña coa posibilidade de realizar buscas de termos por categoría gramatical.
Con este redeseño o dicionario tamén gaña visibilidade na páxina de inicio, e mellora as buscas avanzadas. A ferramenta distingue máis de 30 categorías desde adverbios até verbos, característica que pode combinarse con outras opcións de procura avanzada.
Tamén incorporan a opción de buscar na fraseoloxía, nas definicións e nos exemplos, incrementando así a utilidade desta ferramenta que o ano pasado superou os 38,5 millóns de consultas, ou sexa, que ten preto de 105 mil buscas diarias, o que é un bo indicador da súa utilidade.

PUBLICIDADE