A OlimpÃada Informática Galega 2023 celebrarase o 10 de febreiro na FIC
venres, 18 de novembro do 2022
- Foto de familia entrega dos premios da OIG 2022
O Colexio Profesional de EnxeñarÃa en
Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades
galegas organizan a OlimpÃada Informática Galega
2023 (OIG 2023). O obxecto da OIG, destinada a estudantes de secundaria,
bacharelato e ciclos formativos de grao medio, é a promoción do coñecemento e
das vocacións nesta disciplina da informática tan presente en todos os ámbitos
hoxe en dÃa e necesaria para a formación integral da mocidade.
O certame celebrarase
de maneira presencial o 10 de febreiro, pola tarde na Facultade de Informática
da Universidade da Coruña (coa colaboración da Escola Superior de EnxeñarÃa en
Informática da Universidade de Vigo e da Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa
da Universidade de Santiago de Compostela).
A preinscripción
estará aberta ata o 15 de decembro e é un requisito imprescindible para a
posterior participación. Poderán inscribirse mozos e mozas que estean cursando
a ESO, bacharelato ou un ciclo formativo de grao medio nun centro da Comunidade
Autónoma de Galicia, sempre que non teñan máis de 20 anos o 1 de xullo de 2023.
A competición consta
dun conxunto de problemas, xeralmente entre catro e seis. Cada problema deberá
resolverse empregando unha linguaxe de programación que permita automatizar a
súa resolución. Na OIG permÃtese o uso de C++, Python ou Java. Cada problema
describirá un escenario onde os participantes deberán desenvolver un programa
que o resolva, o que require coñecementos de deseño correcto e eficiente de
algoritmos. Os participantes poderán adestrar antes da competición
inscribÃndose nos adestramentos organizados polo comité pedagóxico da OIE, coa
colaboración de antigos participantes da olimpÃada e profesores de distintas
universidades (inscrición).
A OIG permitirá
seleccionar a dous representantes galegos para participarán na XXVII OlimpÃada
Informática Española (OIE), que se celebrará do 24 ao 26 de marzo de 2023 en
Madrid, mentres que o resto de participantes mellor clasificados na olimpÃada
galega tamén recibirán premios. De aÃ,
os gañadores poderán acceder á OlimpÃada Informática Internacional, que se
celebrará en agosto/setembro de 2023 en HungrÃa.
A competición en 2022
tivo 17 participantes e o gañador galego, Óscar Carballo, conseguiu medalla de
bronce na olimpÃada española
A OIG 2022 celebrouse
o 11 de marzo nas tres facultades de informática de Galicia. No certame
participaron 17 estudantes –13 rapaces e 4 rapazas–procedentes de once centros
educativos das cidades da Coruña, Ourense, Santiago e Vigo, pero tamén de
localidades como A Estrada, Culleredo, Noia, O Barco de Valdeorras e O Porriño.
Este evento contou co patrocinio de diversas entidades e empresas do sector das
novas tecnoloxÃas (Abanca, Apser, Atos, AWS, BahÃa Software, CITIC, Clúster TIC
de Galicia, Councilbox, Duacode, DXC Technology, Emetel, Extreme Networks,
Google Cloud, Minsait, NetApp, Plexus e Sixtema).
O primeiro clasificado
foi Óscar Carballo, natural de Castro de Rei e estudante do colexio Liceo La
Paz da Coruña, que viaxou a Madrid xunto á segunda clasificada, Paula Taibo,
estudante do IES Rego de Trabe de Culleredo, para participar na olimpÃada
española onde gañou unha medalla de bronce, mentres que a súa compañeira
recibiu un diploma de mención como finalista do certame.