A Industriosa celebra este venres un evento informativo sobre o movemento Rural Hackers

martes, 11 de abril do 2023 S. P.

Este vindeiro venres 14 de abril, a sede de A Industriosa en Vigo vai acoller unha charla con membros de Rural Hackers de 19:00 a 20:30. Rural Hackers é un movemento que nace máis alá das cidades e as vilas galegas co obxectivo de crear unha comunidade aberta e diversa onde as persoas poidan aprender e desenvolver as súas habilidades en diversas disciplinas, como tecnoloxía, arte ou creatividade.
A plataforma busca inspirar ás persoas a crear novos proxectos que axuden a revitalizar o rural a través de ferramentas como a tecnoloxía e a convivencia nun espazo de vivenda colaborativa (Anceu coliving na aldea de Anceu en Ponte Caldelas, Pontevedra). Durante a charla, falarán sobre as residencias de Rural Hackers, onde traen a persoas de todo o mundo para desenvolver proxectos que teñan un impacto positivo no noso entorno.
A participación e gratuíta. Temos máis información (e o rexistro) na web Meetup.

PUBLICIDADE