A FIC acolle este martes a entrega de recoñecementos do Premio ao Mellor TFG
luns, 4 de abril do 2022
A
Facultade de Informática da Universidade da Coruña acolle este
martes 5 de abril a entrega dos recoñecementos da sétima
convocatoria do Premio ao Mellor Traballo Fin de Grao (TFG) Aplicado
do Grao de EnxeñarÃa Informática. O CITIC e a Fundación
Universidade da Coruña colaboran nestes premios, que contan ademais
co patrocinio das cátedras institucionais Aldaba, Corunet e NTTdata.
A cita será a partir das 13.30 horas no Laboratorio 5 da FIC.
Dos
vinte traballos presentados, que obtiveron unha cualificación de
matrÃcula de honra no curso 2020-2021, tres foron as propostas:
Técnicas de Intelixencia Artificial Aplicadas á detección de
ciberacoso en redes sociais (Paulo Seoane Davila), Monitoraxe
e control de explotación de ganderÃa extensiva (Manuel Couto
Carril) e Aplicación móbil e monitoraxe dun dummy
para a formación en emerxencias sanitarias (Juan González
Iglesias). Como denominador común, os tres traballos estiveron
dirixidos por investigadores do CITIC: Fidel Cacheda Seijo, Carlos J.
Escudero Cascón e Óscar Fresnedo Arias, respectivamente.
Na
xornada do 5 de abril, coincidindo coa Feira de Prácticas e Emprego
que se celebrará na Facultade de Informática, darase a coñecer o
primeiro premio de 1500 € e os dous accésits de 500 € cada un.
Na Feira de Emprego participarán 26 empresas do sector TIC, que
impartirán charlas e obradoiros orientados á inserción laboral do
alumnado.