A CEF acolle este luns a presentación de varias ferramentas dixitais para a mellora da xestión

xoves, 20 de novembro do 2008 Fernando Sarasketa

O Centro de Negocios CEF de Ferrol vai dar acollida este luns 24 á presentación dunha ferramenta tecnolóxica especialmente indicada para a actividade empresarial e o manexo do que probablemente sexa o principal ben das compañías: a información. Falamos da ferramenta BOFeed, da empresa Finantial Contents. A cita, que dará comezo ás 19.30, vai dirixida principalmente a profesionais e empresarios das bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal, aos que se lles porá a tanto nos usos e vantaxes do dito software, indicado para xestionar e orientar a actividade no mercado cara ao cliente á vez que achega coñecemento de oportunidades de negocio. A presentación de BOFeed, que conta co respaldo do Plan Avanza, completarase coa posta en longo do programa formativo Impulsa, encamiñado a achegar melloras na dirección das empresas. Máis polo miúdo, esta presentación correrá a cargo da firma responsable do recurso, Improvia, compañía especializada nos eidos da consultoría, formación e adestramento.
O programa Impulsa divídese en tres fases principais: formación ao directivo, fase de titorías personalizadas e preparación para estar ao mando dun equipo de traballo. Por certo que o programa Impulsa conta co financiamento do Instituto Galego de Promoción Económica, o IGAPE.

PUBLICIDADE