A Asociación Grupo de Mayores de Telefónica de A Coruña visitou o CITIC

venres, 24 de febreiro do 2023 S. P.

O CITIC recibiu na mañá deste 23 de febreiro un grupo de 20 membros da Asociación Grupo de Mayores de Telefónica da Coruña. Logo dunha breve exposición das liñas de actividade do Centro de Investigación TIC da UDC, os asistentes puideron coñecer algúns exemplos de proxectos do ámbito da robótica, como o Robobo, deseñado integramente por persoal investigador do CITIC, ou o NAO, robot que conta con diversos mecanismos e sensores para realizar todo tipo de movementos e tarefas.
A continuación, o grupo visitou o CPD (Centro de Procesado de Datos) do CITIC e o laboratorio de Realidade Virtual e Localización, no que se lles mostrou o funcionamento do OptiTrack, sistema de captura de movementos baseado en cámaras, e un guindastre de pórtico que é quen de calcular a posición exacta de obxectos en interiores.
Posteriormente, coñeceron o Laboratorio de Impresión 3D, integrado por impresoras de extrusión de plástico, resina e de fusión de po.
A visita finalizou na sala Demostrador Tecnolóxico onde se realizou unha demostración de contornas de Realidade Virtual destinadas á rehabilitación de persoas con discapacidade.

PUBLICIDADE