Bonatel non distribuirá o iPhone libre en España

xoves, 6 de marzo do 2008

Os plans de distribución do iPhone libre en España por parte de Bonatel que anunciou Xataka parece que finalmente queda en nada, pois o distribuidor oficial de Vodafone decidiu non presentar a súa atractiva promoción ante supostas presións de Apple.
O iPhone libre chegaría a través do mercado europeo, e dende Xataka aseguran que aínda podería concretarse a súa comercialización no futuro por parte de Bonatel.

PUBLICIDADE