Muxía contará con TDT antes de rematar o ano

mércores, 10 de decembro do 2008 Marcus Fernández

A Secretaría Xeral de Comunicación e Retegal anunciaron aos veciños de Muxía que poderán ver a TDT nas súas vivendas antes de rematar o ano, medida que tamén beneficiará aos veciños de Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Santa Comba e Val do Dubra, todos eles dentro da demarcación de Santiago.
O avance da TDT nesas vilas responde a necesidade de adaptar as infraestruturas de cara ao apagamento analóxico que terá lugar en Ourense Este e Santiago de Compostela en xuño de 2009.
Os cidadáns de zonas nas que terá lugar o apagamento analóxico deberán adaptarse á TDT o antes posible, pois no verán do ano que vén deixarán de recibir a televisión analóxica, e cómpre que opten por esta tecnoloxía antes de que non quede outro remedio.

PUBLICIDADE