En España só se venderon 32.600 terminais do iPhone 3G entre xullo e agosto

xoves, 16 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Cando se comentou que Movistar estaba a ampliar a rede de distribución do iPhone 3G en España para paliar as súas malas vendas, dende Telefónica desmentían que as vendas fosen malas sen publicar datos, pero a consultora GFK si aclarou o asunto, e publicou que nos meses de xullo e agosto se venderon 32.600 móbiles de Apple en España, o que serían a terceira parte dos smartphones comercializados dentro das nosas fronteiras e que podería ser só un pouco máis do 1% dos móbiles vendidos.
Estes datos se poderían ver de distintos xeitos, pero o que está claro é que quedan moi por debaixo de cantidades que chegaron a publicar algúns medios de comunicación (e que daquela consideraban como malas) polo que en números absolutos estariamos ante un resultado pésimo, pero de comparalo co sector de teléfonos intelixentes o comportamento do iPhone 3G sería respectable.

PUBLICIDADE