O Trivial Pursuit adaptarase a consolas e móbiles

xoves, 25 de setembro do 2008 Marcus Fernández

O Trivial Pursuit Daily 20 en Pogo.com

Hoxe anunciouse o lanzamento da primeira versión do xogo en liña Trivial Pursuit Daily 20, ao que se pode acceder de balde (grazas á publicidade) en Pogo.com e que permitirá responder a 20 novas preguntas cada día. O xogo está en inglés e as súas preguntas están claramente orientadas a un público norteamericano, pero serve de adianto do que chegará na primavera de 2009, cando Electronic Arts ten pensado comercializar un Trivial Pursuit para Xbox 360, PS3, Ps2 e Nintendo Wii.
A compañía incluso anunciou que o xogo se adaptará a plataformas móbiles e confirmou que se venderá en Europa, aínda que non detallaron os prezos nin as operadoras que o comercializarán, presumiblemente a finais de ano.

PUBLICIDADE