Zattoo cobra por acceder ao seu servizo durante os meses de agosto e setembro

venres, 8 de agosto do 2008 Marcus Fernández

O éxito de Zattoo en España como solución para ver a televisión no ordenador sen contar cunha tarxeta sintonizadora é innegable, pero parece estar a supor unha carga para a empresa que mantén o servizo, pois consideran que en España a media de uso do seu programa é demasiado elevada (2,5 horas á semana), o que lles ocasiona unha serie de gastos que non son capaces de compensar coas achegas publicitarias da súa plataforma, polo que se ven forzados a pechar o servizo de balde durante os meses de agosto e setembro, de xeito que os que queiran acceder ás canles de televisión en Zattoo deberán pagar 2,40 euros + IVE remitindo 2 SMS Premium coa palabra ZAT ao número 7766 (tralo que se recibe un código para autorizar o uso do programa).
Dende Zattoo estiman que este pago sería simbólico, o que segundo eles sería o prezo aproximado dun bo café, aínda que non queda claro se este cambio de estratexia é unha esmola ou unha modificación do modelo de negocio do servizo que podería pasar a ser de pago no futuro.

PUBLICIDADE