A Asociación PuntoGal estará presente no encontro internacional de ICANN en ParÃs
xoves, 19 de xuño do 2008
- Delegados da Asociación PuntoGal durante o pasado encontro de ICANN en Nova Delhi
Unha delegación da Asociación
PuntoGal participará en ParÃs na 32ª edición do encontro internacional da ICANN,
no que se abordarán distintos aspectos sobre o funcionamento do sistema de
dominios en Internet.
Entre o 22 e o 26 de
xuño, as máis de mil persoas inscritas na convención analizarán en detalle
cuestións como o funcionamento interno da organización ou a normativa aplicable
ás candidaturas. Terán especial importancia os debates en torno á transición do
IPv4 ao IPv6 e o seu impacto na comunidade de usuarios da rede, e os asuntos
relacionadas coa tradución de documentos e procesos da ICANN a outras linguas
distintas do inglés.
Ademais, na reunión
de ParÃs, a ICANN dará protagonismo ao mundo dos negocios coa programación, por
vez primeira, de presentacións e conferencias relacionadas coa actividade
comercial.
Os membros da GNSO
(Organización de Apoio aos Nomes Xenéricos) explicarán brevemente a situación
actual do proceso de implementación de novos dominios durante un obradoiro
centrado no futuro de Internet. Nesta sesión de traballo participarán tamén
representantes de diferentes sectores e industrias, que darán a súa opinión
sobre os cambios que se producirán co lanzamento do programa de novos dominios
no espazo de Internet.
Todos os informes
elaborados pola ICANN –o organismo responsable dos dominios en Internet-
insisten nalgunhas cuestións fundamentais para a consecución con éxito do
proceso: que sexa unha petición unánime, respaldada pola comunidade no seu
conxunto e que os distintos informes que se teñan que presentar sexan
impecables tanto no aspecto técnico, como no económico, como no de
xustificación.
Durante a reunión, os representantes de PuntoGal manterán distintos encontros e entregarán información aos asistentes sobre a proposta dun dominio para a cultura e a lingua galega na rede. Aproveitando a ocasión, tamén se reunirán con membros dos centros galegos de Francia para presentarlles persoalmente a iniciativa do PuntoGal.