The Elder Scrolls IV: Oblivion arrasa nos Spike TV Video Game Awards
luns, 11 de decembro do 2006
- Samuel L. Jackson presentou a gala
O pasado venres celebrouse no Galen Center de Los Angeles os cuartos Video Game Awards de Spike TV, gala na que se premiou ós mellores videoxogos do momento e que contou cun anfitrión de excepción coma é o actor Samuel L. Jackson (acompañado por varias actuacións musicais e coa presenza doutros famosos do cine e a televisión).
O videoxogo que saÃu mellor parado foi The Elder Scrolls IV: Oblivion, que acadou 5 premios incluÃndo o de Mellor Xogo e o de Máis Aditivo, seguido por Gears of Wars, que aparte de ovacións por parte do público tamén foi considerado coma o xogo de Mellores Gráficos e ós seus creadores recibiron o galardón ó Mellor Estudio.
A crÃtica, pola súa banda, premiou a The Legend of Zelda: Twilight Princess, o que completou ó éxito de Nintendo, que veu como a súa Wii era considerada o Adianto Tecnolóxico do Ano.
- Algúns dos creadores do xogo Gears of War
Durante o evento tamén se amosaron adiantos de xogos coma Tom Clancy’s Ghost Recon Advanced Warfighter 2 e TNA Wrestling, asà como a introdución de The Burning Crusade (a nova e agardada expansión de World of Warcraft).
- A actriz Hayden Panettiere (da serie Heroes) asistiu ó evento