Critican que Miguel Sebastián asegure que o ADSL en España é máis barato que a media europea

mércores, 28 de maio do 2008 Marcus Fernández

A intervención desta mañá de Miguel Sebastián, ministro de Industria, non só se tivo que afrontar as críticas do BNG que considera irreal que a banda larga chegue ao 99,8% dos concellos galegos acollidos ao PEBA, senón que tamén sorprende pola particular interpretación que fai sobre o último informe da Comisión do Mercado das Telecomunicacións, que segundo o ministro indica que Telefónica ten mellores prezos que a media dos operadores noutros países de Europa, mentres que analizando os prezos dunha conexión de entre 144 Kbps e 1,99 Mbps na Europa dos 15 temos que a operadora española é a máis cara.
Cando España quedaría ben situada con respecto á media europea sería contando ofertas de máis de 2 Mbps alleas e Telefónica (e con infraestrutura propia), que non se poden aplicar a toda a xeografía española. Así, afirmar que o ADSL en España é ata un 21,1% máis barato que a media europea é unha afirmación moi relativa, pois se están a comparar as mellores ofertas no mercado (que no caso español é a de Yacom de 10 Mbps por 37 euros/mes, mentres que a media comunitaria está en 49,4 euros para conexións a dende 10 Mbps, ou que na meirande parte dos casos corresponde a velocidades superiores á española, non sendo unha comparativa homoxénea).

PUBLICIDADE