Caixanova achega un depósito a prazo fixo remunerado coa Wii

mércores, 19 de decembro do 2007 Fernando Sarasketa

Caixanova vén de poñer no mercado un novo produto encamiñado á captación de depósitos que saca partido do tirón da consola Nintendo Wii e o xogo Wii Sports de cara a este Nadal que xa se nos vén enriba. Deste xeito, calquera cliente que formalice un depósito a prazo fixo na entidade financeira galega recibirá de mans desta os devanditos produtos de lecer tecnolóxico.
Para beneficiarnos da iniciativa, que ficará vixente até o 15 de xaneiro de 2008, requíresenos que teñamos en conta estes detalles: para un importe de 4.200 euros o prazo será de 26 meses, para 6.000 euros de 18 e para 8.900 de 12. A campaña vén acompañada do seguinte lema: O primeiro agasallo deste Nadal vén da man de Caixanova. O obxectivo da entidade é achegar ós seus clientes unha nova alternativa á remuneración económica.

PUBLICIDADE