O enfrontamento verbal entre Juan Carlos I e Hugo Chávez inspira moitas parodias na Rede
luns, 12 de novembro do 2007
Durante a pasada
fin de semana a actualidade informativa centrouse na clausura da XVII Cumbre
Iberoamericana, onde Juan Carlos I, Rei de España, espetou Hugo Chávez,
presidente de Venezuela, un «¿por qué no
te callas?» ante as constantes interrupcións que o mandatario venezolano
facÃa durante unha interrupción do presidente español, José Luis RodrÃguez
Zapatero. Pero na Internet o incidente burocrático se converteu nunha clara
inspiración para o humor, e xa circulan ducias de montaxes fotográficas,
sonoras e de vÃdeo e mesmo un concurso.
- Chapas que se entregan coma premio no concurso de Cogiendocaracoles.com
A
web Cogiendocaracoles.com decidiu servir de receptor de chistes gráficos ou
audiovisuais sobre o Rei rifando a Hugo Chávez, entregando 3 premios ás
mellores creación, de xeito que xa podemos ver moitas imaxes de distinto nivel
de calidade e graza como unha parodia de
El Chavo del 8, a adaptación do
momento como
viñeta cómica, o gañán de La Hora Chanante berrando ó presidente
venezolano ou o
Leónidas de 300 ocupando o lugar do
Rei no polémico momento.
Tamén hai que
quixo ver ó
Rei e a Chávez nun combate ó máis puro estilo do Street Fighter e quen comentaba a xeito de broma a existencia
dun servizo de politonos
para o móbil coa frase de moda, o que non quedou moi afastado da realidade,
xa que pola web xa circulan distintos sons baseados na frase de Juan Carlos I e
adaptados
para o seu uso coma ton de chamada.
No tocante a vÃdeos, e YouTube están a recibir moitas visitas tanto as imaxes emitidas polos
informativos sobre a polémica como as parodias nas que se mestura o acontecido con
intervencións de Chiquito de la Calzada, co esquÃo dramático ou mesmo
aproveitan a ocasión para lembrar intervencións
pre-constitucionais do Rei (criticando que un xefe de
Estado non electo mande calar a outro elixido democraticamente).