Chicass10, un blog dende a penitenciaría de Teixeiro

mércores, 3 de outubro do 2007 Marcus Fernández

A primeiros de xuño un grupo de mulleres presas na penitenciaría de Teixeiro estrearon un blog de xeito que trasladaban á Internet as súas inquedanzas, aproveitando a blogosfera para poder manifestarse publicamente como tamén facían dende unha revista trimestral e un programa de radio. As súas 3 publicación responden así ó nome de Chicass10, e serven así para que as participantes fuxan da rutina diaria.
Estas mulleres presentaban a súa perspectiva de xénero (consideran que o seu centro penitenciario está deseñado para homes e dirixido dende visións masculinas) aínda que recoñecen que pouco a pouco se foron incorporando homes á súa redacción (e tamén ó seu público).
Consideran que a «privación de liberdade» non implica a privación da palabra, e reiteran que son cidadás con vocación de reinserción, para o que tamén quere aproveitar este proxecto de cultura en liberdade que nestes días está a chamar a intención doutras bitácoras e medios sociais.

PUBLICIDADE