Publican o primeiro mapa do ADSL en España
martes, 28 de agosto do 2007
- Galicia vista no mapa de ADSL Net
Dende
ADSL Net están a desenvolver un mashup
baseado en Google Maps que pode resultar de interese para os usuarios
actuais de conexións de ADSL ou para aqueles que estean a pensar en cambiar de
compañÃa, xa que poden consultar xeograficamente as referencias de probas de
velocidade, de xeito que segundo nos imos achegando no mapa a un punto podemos
ver as velocidades dispoñibles a través de conexións de distintas operadoras
coma Telefónica, Ya.com, Jazztel, Orange, Tele2 ou Ono, consultando os
resultados achegados dende a ferramenta ANT.
AsÃ, valéndonos con esta ferramenta podemos ver que un ADSL de 20 Mbps de
Jazztel vai a 3.464 Kbps para un usuario da Coruña, onde hai outras zonas nas
que se rexistran conexións a 8 e 12 Mbps co mesmo operador, disparidade de
velocidades que se presenta con calquera outro operadora, de xeito que podemos ter
unha impresión máis obxectiva da conexións existentes na zona que nos interese,
o que tamén serve de argumentación para denunciar que as velocidades prometidas
polas operadoras distan bastante da realidade.
Ata o momento xa estarÃan incluÃdas no mapa o 90% das centrais de ADSL de
España.