A Igrexa británica está molesta por un xogo para PS3
luns, 11 de xuño do 2007
O xogo de PlayStation 3 Resistence: Fall of
Man, que xa vendeu máis dun millón de copias e que incluso se venderá a
partires da vindeira semana nun paquete coa consola de Sony, está a resultar
sumamente polémico no Reino Unido, posto que a Igrexa do país non aproba que no
videoxogo apareza a catedral de Manchester, polo que ameazan a
Sony de emprender medidas legais se o xogo non é retirado e se desculpan
polo que consideran que é unha actitude “altamente
irresponsable” ó amosar o interior do templo coma un campo de batalla no
che aparecen centos de mortos e no que se disparan armas de fogo.
Os delitos con armas son un grave problema no norte de Inglaterra, de aí que
consideren que este tipo de xogos son prexudiciais para os mozos, que ven como “un lugar de aprendizaxe, oración e
patrimonio é presentado ó mercado da xuventude coma un lugar onde se poden
disparar armas” tal e como afirmou Nigel McCulloch, arcebispo de
Manchester.
O xogo está recomendado para maiores de idade, e destaca pola súa violencia e terror: