Preparan unha mediometraxe romántica para fomentar o software libre

luns, 14 de maio do 2007 Marcus Fernández

Un grupo de mozos vascos están a traballar la realización dunha mediometraxe en defensa da cultura libre titulada Ubuntu Tribe e que se promociona baixo o lema “El día que la ventana se enamoró del pingüino”.
A película conta unha historia romántica protagonizada por Billy (alto executivo dunha ficticia Microsoft) e Ízaro (unha hacker que atopou varias vulnerabilidades graves no sistema operativo Wista), na que o executivo norteamericano viaxa a Europa para intentar contratar á experta en seguridade informática para a súa empresa, atopándose con moitos atrancos, pois a moza prefire seguir coa súa vida, promocionando sistemas operativos libres en escolas e fogares de xubilados. Pouco a pouco Billy se vai namorando tanto de Ízaro como da súa filosofía altruísta.
Ademais, a moza leva o logotipo de Ubuntu (unha das distribucións de GNU-Linux máis populares na actualidade) tatuado na caluga, elemento que dá título á obra, que unha vez rematada se distribuirá pola rede baixo licenza Creative Commons, ou sexa, que a película será consecuente coa súa mensaxe.
Ata o momento só se pode ver o trailer promocional de Ubuntu Tribe:

PUBLICIDADE