Código Cero - Diario Tecnolóxico
DIARIO DIXITAL

Novas Tecnolóxicas de Galicia con boletíns por correo electrónico e edición en papel nos quioscos galegos.

PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS


Xoves, 2 de Setembro de 2010

               

Nova

A galega Quobis distribúe un manual en liña sobre as posibilidades de WiMAX
A empresa galega Quobis vén de presentar un exhaustivo informe sobre a aplicación e as posibilidades de WiMAX, a tecnoloxía que permite acceder sen fíos á Rede achegando portas de entrada en áreas de até 48 quilómetros de radio e a velocidades de ata 70 Mbps.
Este estándar, que emprega tecnoloxía portátil LMDS, posúe –segundo a firma Quobis– a seguinte gran vantaxe sobre as demais tecnoloxías: mellora e complementa as capacidades das redes Wi Fi ó achegar conectividade a maior distancia e cun maior ancho de banda, o que deixaría vía libre para o uso a fondo da telefonía IP e a videoconferencia.

O informe desta empresa con sede en Porriño pódese descargar de balde na súa páxina web, en galego ou en castelán, e inclúe 32 páxinas nas que se fala polo miúdo dos fundamentos técnicos de WiMAX, e todo abordado dende unha perspectiva práctica, co fin de que os lectores (empresas, institucións ou particulares) lle tiren a maior rendibilidade.
Por outra banda, a investigación tamén inclúe datos de interese sobre a evolución dos diferentes estándares de acceso radio de banda ancha ou sobre a asignación de bandas de frecuencia para os distintos servizos WiMAX a nivel mundial.

Entrevista
Pablo López
Consultor e xerente de Hacce

Firma convidada
Moncho Paz
Moderador de Xanela Aberta en Código TV


















Caixa Galicia







PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS

Grupo Código Cero Comunicación
UNINOVA- Recinto MercaGalicia
Polígono Industrial do Tambre - Vía La Cierva s/n
15890 Santiago de Compostela
Teléfono 981 51 96 00 Extensión 36 - 981 93 63 24
Telefax 981 55 77 07
webmaster@codigocero.com

AETG - EGANET