Factura electrnica

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

A cadea de tendas GAME parece estar en apuros económicos

O peche da cadea de tendas GameStop en Portugal e norte de Irlanda foi o detonante dunha chea de rumores que indican unha profunda crise no sector da venda física de videoxogos en toda Europa, que incluso afectaría á cadea líder en España, GAME, que estaría a ter problemas de liquidez ata o punto de ter dificultades para aprovisionar copias nos novos lanzamentos, o que afectaría tanto aos seu (...)

Rapaces de Oleiros e Vigo entran en contacto coas tecnoloxías de mínimo impacto ambiental

Rapazas e rapaces de Secundaria e Bacharelato de Oleiros e Vigo tiveron oportunidade, este xoves, de familiarizarse cos máis recentes exemplos de tecnoloxía galega ao servizo da información e á comunicación á par que da continuidade e a sustentabilidade. En definitiva, entraron en contacto co que consideramos que debe ser o futuro das TIC: unha liña de innovación que non remata nunca, que é eficaz, (...)

Os Simpson recuperan o seu xogo de recreativas nas consolas de alta definición

O clásico xogo para máquinas recreativas de Los Simpson que tanto éxito tivo en 1991 está agora ao alcance dos usuarios da Xbox 360 coma título descargable por 800 puntos (9,6 euros), para chegar o vindeiro día 8 á PlayStation Network a 9,99 euros. The Simpsons Arcade Game é un beat’em up no que podemos controlar simultaneamente a Bart, Lisa, Homer e Marge nunha aventura de acción para rescatar á (...)

O lanzamento do XaTcobeo simboliza a capacidade dos profesionais galegos das telecomunicacións

Durante a rolda de prensa previa ao lanzamento do picosatélite XaTcobeo, previsto para o 13 de febreiro na Guíana Francesa a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, destacou que este momento supón un fito para Galicia e que “o éxito é ter chegado ata aquí porque demostramos o potencial dos profesionais galegos formados no sector das telecomunicacións para competir a (...)

Ineo informará o xoves 9 das implicacións e potenciais do Fondo i2C

O vindeiro xoves, 9 de febreiro, a Asociación Ineo ten programado un encontro profesional de divulgación, flexíbel e participativo, para dar conta das posibilidades de crecemento empresarial para o noso sector TIC que achega o Fondo i2C. A cita será ás 14.00 horas, no restaurante O Croque, en Vigo, e terá feitura de sobremesa. Contará coa presenza de Juan M. Cividantes Roger, director xeral de (...)

Telefónica achegará en streaming o seu evento compostelán arredor das redes sociais

Telefónica retransmitirá vía streaming o seu encontro empresarial programado para o vindeiro martes, 7 de febreiro a partir das 12.00 horas, no Hostal dos Reis Católicos, ao abeiro da xornada TICs e Social Media: Claves para a Competitividade, dirixida a amosar perante os nosos profesionais as principais vantaxes das ferramentas dixitais de hoxe no camiño do éxito no mercado. Máis polo miúdo, (...)

Edisa amosará as vantaxes do seu software na feira Alimentaria de Barcelona

A empresa galega Edisa, da que falamos recentemente para informar das súas achegas á Universitat Politècnica de Catalunya, segue a facer mundo na súa estratexia de impulso e promoción de Libra, software de xestión propio, múltiple, dirixido a subministrarlles funcionalidade e rendibilidade ás empresas. Libra e as súas novidades recentes, a día de hoxe implantando en máis de 500 compañías dos máis (...)

Pentax amosa a súa última cámara sen espello

No mes de marzo chegará ás tendas a cámara dixital sen espello Pentax K-01, que terá lentes intercambiables e un corpo deseñado polo deseñador industrial londiniense Marc Newson, e que, aparte dunha estética realmente rechamante, conta cun sensor CMOS de 16 Mpíxeles, gravación de vídeo a 1.080p e un rango ISO de 100 a 25.600. Segundo Nikon sería a cámara con lentes intercambiables máis delgada do mundo (...)

Ghost Trick: El Detective Fantasma estréase na App Store

Hoxe chegou á App Store o xogo Ghost Trick: El Detective Fantasma, título que xa acadou un grande éxito na Nintendo DS pola súa orixinalidade, que agora adáptase ás pantallas do iPhone/iPod Touch e o iPad coma un título de balde no que se inclúen 2 misións, tendo que adquirir os capítulos sucesivos para poder avanzar na historia dun detective que ten que descubrir o misterio que rodea a súa propia (...)

Cisco presenta novas solucións PLC para o fogar

Para facilitar a comunicación de distintos dispositivos que teñamos no fogar sen os problemas de cobertura que moitas veces presentan as redes sen fíos, Cisco achega ao mercado español 2 novos dispositivos Powerline que aproveitan a nosa instalación eléctrica, de xeito que podemos conectar televisores intelixentes, reprodutores de Blu-ray ou consolas de videoxogos para que poidan acceder aos (...)








Revista en PDF:

Descárgaa xa







 
iMit

Ineo informará o xoves 9 das implicacións e potenciais do Fondo i2C

O vindeiro xoves, 9 de febreiro, a Asociación Ineo ten programado un encontro profesional de divulgación, flexíbel e participativo, para dar conta das posibilidades de crecemento empresarial para o noso sector TIC que achega o Fondo i2C. A cita será ás 14.00 horas, no restaurante O Croque, en Vigo, e terá feitura de (...)

Anuncian que o servizo que dará continuidade a Flocos.tv estará operativo en marzo

Canle TV, o servizo preparado polo Goberno galego para recoller a testemuña de Flocos.tv e dar, deste xeito, un novo acubillo ao importante legado audiovisual xerado arredor desta segunda plataforma, estará operativo en marzo. Así o confirmou a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e así o reflicten medios (...)

Avid leva a súa solución de edición de vídeo ao iPad

Á aplicación iMovie para iPhone/iPod Touch e iPad vén de saírlle un serio competidor, Avid Studio, aplicación que polo momento só está dispoñible para iPad e que facilita a edición de vídeo, audio e fotografías dun xeito áxil, para engadirlles efectos, transicións e banda sonora para unha posterior publicación en YouTube, (...)

Brión convoca trece obradoiros prácticos de informática

O Concello coruñés de Brión, nunha demostración maxistral de que as supersticións só son escusas para traballar menos, vén de abrir o prazo de inscrición en trece obradoiros de informática de distintos eidos, uns obradoiros que teñen como destinatarios aos veciños e veciñas da zona que desexan inserirse paseniño nas novas (...)

A curta galega 28D compite no certame en liña Notodofilmfest

O certame audiovisual NotodoFilmFest, desenvolvido todo el na Rede e para a Rede, contará este ano, unha vez máis (logo de participacións tan senlleiras como a de Edu Lavandeira), con presenza galega. Así nolo recordan dende a Universidade de Vigo, que informa polo miúdo da admisión a concurso, no devandito festival, (...)

Redegal abre centro de operacións en Vigo

A empresa galega Redegal, integrante de EGANET e AGASOL e especializada en solucións de software libre e consultoría tecnolóxica para empresas e institucións, vén de abrir oficina en Vigo. A posta en marcha deste novo emprazamento, sinalan fontes da firma, responde á súa estratexia de ampliar as canles de comunicación (...)

A Xunta avanzará no Open Data co portal Abert@s

A Xunta de Galicia, segundo avanzou hoxe no Consello que tivo lugar en San Caetano, publicará información de interese público da Administración galega e dos seus organismos en formatos abertos e estándar, para a súa re utilización por parte de cidadáns e empresas. Son datos xerados pola propia Administración e de gran (...)

O lanzamento do XaTcobeo simboliza a capacidade dos profesionais galegos das telecomunicacións

Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, e Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo
Durante a rolda de prensa previa ao lanzamento do picosatélite XaTcobeo, previsto para o 13 de febreiro na Guíana Francesa a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, destacou que este momento supón un fito para Galicia e que “o éxito é ter chegado ata aquí porque demostramos o potencial dos profesionais galegos formados no sector das telecomunicacións para competir a nivel internacional e súa capacidade de innovación e de crear equipamento tecnolóxico de última xeración”.


Rapaces de Oleiros e Vigo entran en contacto coas tecnoloxías de mínimo impacto ambiental


Rapazas e rapaces de Secundaria e Bacharelato de Oleiros e Vigo tiveron oportunidade, este xoves, de familiarizarse cos máis recentes exemplos de tecnoloxía galega ao servizo da información e á comunicación á par que da continuidade e a sustentabilidade. En definitiva, entraron en contacto co que consideramos que debe ser o futuro das TIC: unha liña de innovación que non remata nunca, que é eficaz, e que ten a mínima pegada de impacto sobre o medio ambiente. Así nolo contan os centros impulsores da iniciativa EficienTIC, os centros Gradiant, CITEXVI e EnergyLab, sedes das devanditas visitas.


Telefónica achegará en streaming o seu evento compostelán arredor das redes sociais


Telefónica retransmitirá vía streaming o seu encontro empresarial programado para o vindeiro martes, 7 de febreiro a partir das 12.00 horas, no Hostal dos Reis Católicos, ao abeiro da xornada TICs e Social Media: Claves para a Competitividade, dirixida a amosar perante os nosos profesionais as principais vantaxes das ferramentas dixitais de hoxe no camiño do éxito no mercado. Máis polo miúdo, poderemos velo a través de Twitter, coa etiqueta #ticsGal, e máis en Facebook. A xornada, que forma parte dunha iniciativa máis ampla, unha xira que se desenvolve polas principais cidades do Estado, encamíñase a favorecer claves para aumentar a competitividade.


noraboa.com
Factura electrnica

Pentax amosa a súa última cámara sen espello


No mes de marzo chegará ás tendas a cámara dixital sen espello Pentax K-01, que terá lentes intercambiables e un corpo deseñado polo deseñador industrial londiniense Marc Newson, e que, aparte dunha estética realmente rechamante, conta cun sensor CMOS de 16 Mpíxeles, gravación de vídeo a 1.080p e un rango ISO de 100 a 25.600. Segundo Nikon sería a cámara con lentes intercambiables máis delgada do mundo e venderase en negro, branco ou amarelo a un prezo que previsiblemente quede en 749,95 dólares (sen lente) ou 899,95 dólares (cunha lente de 40 milímetros).

· Un proxecto emprendedor facilita construír un hexacóptero por 999 dólares

· A Neo-Geo volve como consola portátil

O Samsung Galaxy S Advance chegará ao mercado a finais de mes


Aínda que parece que do Samsung Galaxy S III non vaia saberse nada ata despois do lanzamento do iPhone 5, o fabricante surcoreano non deixa de ampliar a súa familia Galaxy, e durante o Mobile World Congress agárdase que amose en profundidade terminais coma o novo Samsung Galaxy S Advance (GT-I9070), do que un blog filipino vén de adiantar fotografías e un vídeo co terminal en vivo, indicando que o seu lanzamento será a finais deste mesmo mes.

· Cisco presenta novas solucións PLC para o fogar

· Nikon presenta unha cámara cun zoom óptico de 42x

· Panasonic presenta a cámara máis delgada cun zoom óptico de 20x

· O BlackBerry PlayBook reduce de xeito importante o seu prezo en España

 

A cadea de tendas GAME parece estar en apuros económicos


O peche da cadea de tendas GameStop en Portugal e norte de Irlanda foi o detonante dunha chea de rumores que indican unha profunda crise no sector da venda física de videoxogos en toda Europa, que incluso afectaría á cadea líder en España, GAME, que estaría a ter problemas de liquidez ata o punto de ter dificultades para aprovisionar copias nos novos lanzamentos, o que afectaría tanto aos seu funcionamento como ao volume de vendas dos xogos (o que tamén preocupa aos directivos de grandes editoras).

· Gotham City Impostors sairá á venda a semana que vén

· Apalabrados convértese en todo un fenómeno social

Os Simpson recuperan o seu xogo de recreativas nas consolas de alta definición


O clásico xogo para máquinas recreativas de Los Simpson que tanto éxito tivo en 1991 está agora ao alcance dos usuarios da Xbox 360 coma título descargable por 800 puntos (9,6 euros), para chegar o vindeiro día 8 á PlayStation Network a 9,99 euros.
The Simpsons Arcade Game é un beat’em up no que podemos controlar simultaneamente a Bart, Lisa, Homer e Marge nunha aventura de acción para rescatar á pequena Maggie das mans do Sr. Burns e Smithers, para o que haberá que loitar a través de 8 escenarios clásicos de Springfield.

· Ghost Trick: El Detective Fantasma estréase na App Store

· A PS Vita pode probarse en Galicia antes do seu lanzamento oficial

· The Humble Bundle achégase a Android con xogos multiplataforma

· Yoyago, un novo xogo galego de quebracabezas para iOS

 

Banda Ancha

Alternative content


Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS