Código Cero - Diario Tecnolóxico
DIARIO DIXITAL

Novas Tecnolóxicas de Galicia con boletíns por correo electrónico e edición en papel nos quioscos galegos.

PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS


Xoves, 2 de Setembro de 2010

               

Nova

Os maiores poderán facer suxestións á Vicepresidencia da Xunta a través do correo electrónico
A Vicepresidencia da Xunta de Galicia creou o enderezo de correo electrónico lecer@xunta.es coa fin de que tódolos maiores galegos que o desexen poidan achegar suxestións e comentarios para completar os contidos do programa Lecer para os nosos maiores presentado recentemente por Anxo Quintana.
Con esta iniciativa que se manterá ata o vindeiro 25 de xuño a Vicepresidencia pretende establecer un diálogo aberto cos maiores de Galicia para darlles un papel activo na sociedade galega.

O programa consta de 4 grandes encontros festivos (1 por provincia) nos que se invisten 200.000 euros e ós que se prevé unha asistencia dunhas 60.000 persoas. As xuntanzas comezarán o 8 de xullo en O Carballiño, seguido de Vilalba o 23 de agosto, mentres que as localidades de Melide e Pontevedra deberán agardar ó mes de setembro.
Os eventos estarán presentados e animados por Xosé Manuel Piñeiro (presentador do Supermartes) e contarán tamén coa presenza de humoristas coma Farruco ou Carlos Blanco e orquestras coma Ledicia ou Amistade.

Entrevista
Pablo López
Consultor e xerente de Hacce

Firma convidada
Moncho Paz
Moderador de Xanela Aberta en Código TV


















Caixa Galicia







PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS

Grupo Código Cero Comunicación
UNINOVA- Recinto MercaGalicia
Polígono Industrial do Tambre - Vía La Cierva s/n
15890 Santiago de Compostela
Teléfono 981 51 96 00 Extensión 36 - 981 93 63 24
Telefax 981 55 77 07
webmaster@codigocero.com

AETG - EGANET