Traducen ó galego as licenzas Creative Commons
Calquera internauta
xa pode dispor en lingua galega da ferramenta máis estendida no mundo para a
cesión de dereitos de autor. A través dunha iniciativa do sociólogo
Fernando Garrido e culturagalega.org, o Consello da Cultura Galega
realizou a versión no noso idioma das licenzas Creative Commons,
adaptadas ao ámbito xurídico español polo equipo dirixido polo profesor
Ignasi Labastida, da Universitat de Barcelona. Estas licenzas permiten
aos creadores dispor dun marco flexible de cesión de dereitos de autor
en calquera soporte e teñen unha espectacular expansión na rede, onde
institucións como o MIT ou a BBC xa o empregan para distribuír parte
dos seus fondos.
|