Kirai.net considerada o mellor weblog español por Bitácoras.com
O servizo de weblogs Bitácoras.com fixo público
o resultado do concurso de bitácoras persoais españolas na Internet, elixíndose
a de Kirai.net como a mellor, ó recibir 3 premios (mellor bitácora do ano,
mellor bitácora para o público e mellor bitácora persoal).
A bitácora de Kirai.net está escrita por Héctor García Puigcerver, un
autodenomeado geek de Alicante que
vive actualmente no Xapón, e dende a que amosa a súa visión da vida,
especialmente relativa a novidades tecnolóxicas. Outras bitácoras tamén levaron o seu galardón, coma Escolar.net (premio ó
mellor blog europeo e de xornalismo), Microsiervos (mellor bitácora colectiva),
Mangas Verdes (mellor blog de tecnoloxía), El Documentalista Enredado (mellor
bitácora temática), Jabalí Fotolog (mellor fotolog) ou Papel Continuo (mellor
deseño).
|