nVIDIA publica novos drivers para Windows 7 Beta

mércores, 4 de marzo do 2009 Marcus Fernández

nVIDIA vén de publicar uns novos controladores para as súas tarxetas gráficas GeForce para Windows 7 Beta, para tirar proveito deste novo sistema operativo que está a ser probado en todo o mundo por centos de milleiros de persoas, o que indica un certo compromiso por parte do fabricante para que o novo sistema operativo de Microsoft funcione á perfección co seu hardware cando chegue definitivamente a súa versión comercial.
Os controladores GeForce versión 181.71 soportan o modelo de controladores de pantalla para Windows (WDDM) v1.1, incrementando o rendemento e a fiabilidade tanto en aplicacións 2D coma 3D (incluíndo o contorno tridimensional do escritorio Windows Aero).
Agardemos que grazas a esta previsión por parte de nVIDIA non se repitan experiencias como as do lanzamento de Windows Vista, na que os controladores gráficos provocaron moitos dos fallos de funcionamento do sistema operativo de Microsoft.

PUBLICIDADE