laSexta promociona as súas novas canles na TDT
luns, 25 de outubro do 2010
Nos últimos meses
non parecÃan querer cesar as informacións sobre novas canles de TDT, e
finalmente laSexta
amosou as súas cartas, de xeito que agora sabemos que a canle Q Digital non
vai chegar a ser unha realidade nin que laSexta 2 serÃa finalmente laSexta HD,
de xeito que a oferta de canles do grupo quedarÃa con laSexta (a actual canle
de televisión), laSexta 2 (canle que comezou a operar hai pouco e que nutre boa
parte dos seus contidos en redifusións de programas emitidos en laSexta),
laSexta 3 (canle do que vén de afirmarse que estará orientado á ficción
internacional) e laSexta HD (que presumiblemente incluirá a programación de
laSexta, pero en alta definición, aÃnda que cunha calidade inferior á de Antena
3 HD ou Telecinco HD, por aplicar unha compresión do sinal bastante superior).
A
compañÃa está a anunciar a súa ampliación de oferta televisiva baixo o lema de «elige tu Sexta», co que pretende
chegar a un público máis amplo, grazas en boa medida a que dispón de licenzas para
ter ata 4 canles de televisión a través da TDT, aÃnda que o público pode
sentirse decepcionado ao comprobar que as novas canles non van contribuÃr a
renovar a grella de programación televisiva ao limitarse a poñer refritos e repeticións.
VÃdeo promocional no que dan a coñecer os novos canles de laSexta