iVÃa DGT achega ao iPhone información sobre o estado das estradas españolas
luns, 22 de marzo do 2010
Aproveitando os
datos publicados pola Dirección Xeral de Tráfico (DGT) da Agrupación de Tráfico
da Garda Civil e dos responsables dos Centros de Xestión de Tráfico da
Dirección Xeral de Tráfico, actualizados as 24 horas do dÃa, Jaime Fernández
Vera desenvolveu unha aplicación para iPhone e iPod Touch que facilita a
consulta do estado das estradas españolas chamado iVÃa DGT, e
que pode mercarse
na App Store por 2,39 euros.
Esta ferramenta achega
información sobre as incidencias nas estradas, podendo filtrase segundo
distintos criterios como a localización xeográfica ou o tipo (retencións, incidencias
meteorolóxicas, conos, portos de montaña e obras).
Segundo parece, a aplicación aÃnda está moi
verde, pero é de agardar que en sucesivas actualizacións vaian pulÃndoa
para converterse nunha ferramenta de utilidade para os condutores, aÃnda que
cómpre lembrar que non recomendan o seu uso en
marcha, posto que o iPhone/iPod Touch non está optimizado para o seu uso ao
volante.