iTunes estrea widgets para sumarse ó uso social da música na web

luns, 13 de agosto do 2007 Marcus Fernández

A tenda electrónica de música de Apple, iTunes, non quere perder o tren da web colaborativa, e tras ver o éxito de distintas redes sociais centradas nos gustos musicais dos usuarios da Internet, lanzan My iTunes, que son unha serie de widgets que se alimentan de datos de iTunes mediante un engadido para tal programa, de xeito que podemos publicar nas nosas webs e blogs unha caixa dinámica (personalizable en tamaño e cor) con información como as cancións mercadas en iTunes, os temas favoritos e os comentarios realizados sobre os mesmos.
O sistema non se limita só a cancións soltas, senón que tamén serve para álbums, vídeos musicais, capítulos de series de televisión e a películas, ou sexa, ós contidos á venda dende iTunes, o que serve así para que os usuarios do servizo poidan dar a coñecer ós seus amigos os seus gustos, o que tamén serve á tenda para promocionar o seu catálogo de contidos.


Exemplo de My iTunes Favorites

PUBLICIDADE