iRex declárase en bancarrota

xoves, 10 de xuño do 2010 Marcus Fernández

A ninguén sorprende xa que os prometedores lectores de libros electrónicos estean a ter unha implantación anecdótica, e poucos son os consumidores que optar por facerse cun destes dispositivos coa excepción duns poucos eReaders (coma o Kindle de Apple ou o NOOK), o que está ter serias consecuencias, coma o feito de que a holandesa iRex Technologies teña que declararse en suspensión de pagamentos para afrontar as súas dificultades financeiras, de xeito que a compañía responsable de dispositivos de calidade recoñecida coma o iRex iLiad ou o DR800 vexa perigar a súa supervivencia, en boa medida polas dificultades que tivo para comercializar os seus produtos nos EE.UU. (que por retrasos burocráticos non chegaron a tempo para a tempada de Nadal) ao que habería que sumar as reticencias que teñen na actualidade as entidades bancarias para apoiar a iniciativas empresariais de certo risco.

PUBLICIDADE