eLABORO acada a certificación ISO 27001 relativa á seguridade no uso da información

martes, 8 de xaneiro do 2008 Raquel Noya

A consultora Compostela de enxeñería do software eLABORO S.L. vén de converterse na primeira empresa galega que logra a certificación ISO 27001, relativa á seguridade no emprego da información. O logro enmárcase no reto prioritario de conseguir un sistema integrado para a Xestión de Calidade, Medio Ambiente e Seguridade da Información. Neste senso, cómpre sinalar que eLABORO xa obtivera con anterioridade as certificacións ISO 9001 e 14001.
A devandita aplicación da ISO 27001 permite levar a cabo unha xestión eficaz da seguridade da información, con maior facilidade para detectar riscos e implantar medidas axeitadas. Asemade, certificación esténdese a todos os datos da empresa, independentemente do soporte e representa unha garantía da concienciación na protección da información e o cumprimento da normativa vixente nesta materia.
Isto permite garantir a todas as empresas que contraten os servizos de eLABORO que toda a información cedida para a realización dos seus traballos (servidores, bases de datos, sistemas de información, etc.) estará sometida aos controis necesarios para garantir a súa integridade, seguridade e confidencialidade.

PUBLICIDADE