Zoom faise con activos de Liminal para ampliar as súas posibilidades

mércores, 29 de decembro do 2021 Marcus Fernández

Durante os últimos meses normalizouse a celebración de videoconferencias en grupo, e en moitas ocasións estes contidos adoptaron formatos híbridos, nos que os encontros convertíanse en seminarios, presentacións e eventos de distinto tipo, e para facilitar a integración de Zoom en fluxos de traballo audiovisuais dende Liminal desenvolveron ZoomISO (que permite extraer das xuntanzas de Zoom o vídeo dos distintos participantes por separado) e ZoomOSC (que automatiza elementos da produción e facilita a integración de Zoom con fluxos de traballo de hardware e software de terceiros), ferramentas que veñen de ser adquiridas pola propia Zoom, á vez que 2 dous fundadores de Liminal pasan a traballar para Zoom.
Podemos entender que esta operación suporá que Zoom incluirá varias das funcións de ZoomOSC e ZoomISO na súa propia aplicacións, favorecendo deste xeito que Zoom sexa a plataforma escollida para moitos usos profesionais, como eventos e webinarios que precisen de ferramentas avanzadas para produción contidos que poidan consumirse fóra de Zoom.
Liminal, pola súa banda, continuará a comercializar as súas aplicacións con normalidade.

PUBLICIDADE