Zona Wi-Fi gratuíta para o concello de Teo

luns, 8 de outubro do 2007

Os habitantes de Teo contan xa coa primeira zona Wi-Fi gratuíta no concello. O departamento de Cultura vén de instalar unha antena externa no edicifio do Xulgado para dar obertura sen fíos de balde nun radio de 700 metros cadrados ó redor do punto de acceso.
O proxecto Teo Dixital instalou unha antena omnidireccional que facilita a cobertura da zona do dito Xulgado, na Ramallosa e na zona da casa do Concello. Os usuarios poderán disfrutar dunha conexión sen fíos dun mega e durante 12 horas podendo conectarse 50 ordenadores de xeito simultáneo.

PUBLICIDADE