Zeltia Lado expón na Coruña as vantaxes do uso da IA nas oficinas de emprego
martes, 10 de outubro do 2023
A directora xeral
de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, puxo hoxe en valor na
Universidade da Coruña as vantaxes de Emprego Intelixencia Artificial (EMI), a
nova ferramenta que a Xunta está a implantar na rede de oficinas de emprego de Galicia
co propósito de axustar oferta e demanda de traballo. Lado
explicou o obxectivo desta iniciativa na súa intervención no relatorio A
iniciativa de emprego intelixente (EMI) na Xornada sobre cualificacións
e habilidades na intelixencia artificial e a dixitalización avanzada, que
organizou o CITIC e o grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento (GCD)
da Universidade da Coruña.
A directora xeral
sinalou que a Administración autonómica está a acometer un ambicioso proceso de
modernización que, entre outras vantaxes, está a permitir casar oferta con
demanda laboral, dando resposta ás necesidades de persoal traballador do tecido
produtivo co reto de dar resposta ás vacantes laborais.
AsÃ, a nova
ferramenta tecnolóxica EMi (Emprego Intelixente), baseada na intelixencia
artificial, pretende axustar en tempo
real as demandas de man de obra do tecido produtivo aos perfÃs das persoas
demandantes rexistradas polo servizo público. Trátase de aproveitar as
posibilidades que brindan a intelixencia artificial e a analÃtica avanzada para
favorecer a xeración de máis e mellor emprego en Galicia.