Zattoo axuda a aprender inglés cunha nova canle

venres, 6 de xuño do 2008 Marcus Fernández

O programa estrela para a visualización de canles de televisión a través da Internet en España é sen dúbida Zattoo, que nas súas versións para Windows e Mac OS X nos achega en directo os contidos de La 1, La 2, Antena 3, Cuatro, Telecinco, La Sexta, Veo, Popular TV, Libertad Digital TV, Intereconomía, a TVG Europa e outras canles, mellora agora a súa oferta incorporando a canle Aprende Inglés TV (tamén presente en Imagenio e por TDT en varias demarcacións españolas), que pretende axudar ao espectador a mellorar o seu nivel de inglés dun xeito desenfadado empregando o método docente desenvolvido por Richard Vaughan.

PUBLICIDADE