Zara prevé estrear unha tenda virtual de seu en China

mércores, 22 de agosto do 2012 Raquel Noya

Establecemento de Zara na capital chinesa

O vindeiro 5 de setembro, a cadea de moda galega máis antiga do xigante Inditex, Zara, vai reforzar a súa presenza no mercado asiático, co lanzamento dunha tenda en liña de seu en China.
O grupo téxtil prevé rematar o presente exercicio con 425 novas tendas físicas en Asia, sen deixar de apostar pola venda en liña, abrindo máis tendas virtuais en Internet.
Inditex, que comezou a operar no mercado chino en 2004, considera o inicio da venda en liña neste país como un feito de “enorme importancia estratéxica”, segundo palabras do seu presidente Pablo Isla, quen se mostrou moi satisfeito coa aposta realizada, durante a presentación de resultados do 2011 da compañía.
Agora, trala súa apertura en China, a tenda virtual de Zara, que cumpre agora 2 anos de actividade, continuará a súa expansión sen límite pola Rede, operando noutra vintena de países entre os que se atopan Estados Unidos e Xapón.

Zara ten cada vez un maior espallamento dixital

PUBLICIDADE