Zapatero responderá ás preguntas dos cidadáns en YouTube

mércores, 13 de abril do 2011 Marcus Fernández

En xaneiro de 2011 o presidente dos EE.UU., Barack H. Obama foi entrevistado no programa YouTube World View, seguíndoo os primeiros ministros de Reino Unido (David Cameron) e Israel (Benjamin Netanyahu) no meses de febreiro e marzo respectivamente, e este mes será o José Luis Rodríguez Zapatero o primeiro líder de fala hispana en participar nesta iniciativa que recolle entrevistas a líderes mundiais aos que os cidadáns poden remitir preguntas tanto por escrito coma en vídeo.
Dende hoxe ata o 22 de abril será posible acceder á canle de YouTube World View para enviar preguntas a Zapatero, de xeito que as máis votadas serán contestadas polo presidente do Goberno nunha entrevista que poderá verse o vindeiro día 27.
Non é a primeira vez que vemos iniciativas semellantes, e xa nos comicios electorais de 2008 laSexta permitía aos cidadáns remitir video-preguntas aos candidatos á presidencia do Goberno.


Vídeo de presentación do programa YouTube World View

PUBLICIDADE