ZTE fai máis asumibles os móbiles con Windows Phone 7.5
luns, 31 de outubro do 2011
Tras o anuncio dos móbiles Nokia Lumia 800 e 710 e do Acer
Allegro parece evidente que un dos grandes factores para un potencial éxito de
Windows Phone 7.5 Mango vai ser o seu
prezo axustado, e nesa mesma liña temos agora o ZTE Tania,
un terminal de fabricación chinesa que con pantalla de 4,3 polgadas cunha
resolución de 480 x 800 pÃxeles, 512 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno,
cámara de 5 MpÃxeles e un grosor de 10,5 milÃmetros vai comercializarse por só
2.000 iuans (227,5 euros), o que fai cada vez máis asumible o sistema operativo
móbil de Microsoft.
Coñecendo os precedentes de ZTE non serÃa de sorprender que o novo terminal
chegase ao mercado europeo baixo a marca dalgún operador móbil, o que poderÃa
supor unha boa distribución do mesmo, asà como un prezo moi competitivo.