ZTE abrirá sede na Coruña o 15 de xullo
venres, 5 de xullo do 2019
A compañÃa chinesa ZTE
anunciou que este mes vai abrir centros en Xixón e A Coruña dende os que
dar servizo aos seus actuais clientes en redes de telecomunicacións, asà como
para o despregamento de tecnoloxÃas 5G. A apertura no polÃgono coruñés de A
Grela contará inicialmente cun cadro de 15 profesionais, antigos traballadores
de R externalizados tras a fusión da compañÃa con Telecable.
O desembarco galego de ZTE será o vindeiro 15 de xullo, e con este novo centro
buscará principalmente iniciar o despregamento da rede 5G de R na cidade herculina
onde xa ofrece este tipo de tecnoloxÃa Vodafone.