YouTubeSocial permite ver vídeos de YouTube cos amigos

xoves, 23 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Nas últimas horas botou a andar a páxina web YouTubeSocial coma o primeiro produto de SocialVision, que combina o gráfico social de Facebook con capacidades ao máis puro estilo da mensaxería instantánea para permitir ver vídeos a través da Rede cos amigos, pese a estar en localizacións distintas, xa que esta plataforma permite chatear en tempo real cos amigos.
YouTubeSocial permite reproducir calquera vídeo de YouTube, sincronizándoo entre os amigos participantes na experiencia de reprodución conxunta. Cando creamos unha festa de visualización podemos remitir invitacións aos nosos amigos (que recibirán a través de YouTube), creando así un interesante xeito de compartir contidos audiovisuais en liña que poderían adoptar canles de televisión e outros provedores de contido para socializar a súa visualización e tirar rendemento da mesma mediante patrocinios.

PUBLICIDADE