YouTube repasa os vídeos que foron tendencia en 2012

martes, 18 de decembro do 2012 Marcus Fernández

YouTube rende tributo ao máis destacado de 2012 cun divertido vídeo

Os repasos do que deu o 2012 na Rede non cesan, e nas últimas horas é a xente de YouTube a que amosa a súa retrospectiva do ano, para lembrar os vídeos, persoas e momentos que máis atención captaron nos últimos meses, resultando evidente que o fenómeno estrela foi toda unha sorpresa: o surcoreano PSY co seu tema Gangnam Style, que conseguiu converterse no vídeo máis reproducido na historia de YouTube en poucos meses (estando a piques de chegar aos 1.000 millóns de reproducións) e que xerou numerosas versións, parodias e vídeos domésticos inspirados no seu videoclip.
A nivel mundial tamén destacaron as cancións Somebody That I Used to Knowde Gotye e o Call Me Maybe de Carly Rae Jepsen (esta última xerando tamén numerosas versións e parodias na liña do propio PSY), a campaña de protesta social KONY 2012, o debate entre Obama e Romney, un impactante anuncio da cadea TNT, o salto dende a estratosfera de Felix Baumgartner e outros acontecementos do momento que dende YouTube quixeron homenaxear cun divertido vídeo:


No caso español tamén temos unha listaxe de reprodución que permítenos repasar os vídeos que marcaron tendencia, encabezados por PSY, e seguidos principalmente por temas musicais. Para España tamén contamos cunha Retrospectiva de YouTube amosada en forma de cronoloxía interactiva:

PUBLICIDADE