YouTube organiza un concurso internacional de curtametraxes

xoves, 4 de outubro do 2007 Marcus Fernández

O servizo de vídeos de Google, YouTube, organizou o primeiro concurso internacional de curtametraxes na que poden participar os seus usuarios no que chaman Project Direct e co que pretenden «descubrir ós mellores directores de cine que existan entre os usuarios», abríndose o prazo o vindeiro domingo e rematando o 9 de novembro.

Vídeo promocional de Project Direct

Os vídeos deberán durar entre 2 e 7 minutos, estar en inglés (ou subtitulados), e ser obra de directores maiores de idade residentes en España, Brasil, Canadá, Francia, Italia, Reino Unido ou EE.UU. Tamén deberán conter certos elementos comúns a tódalas creacións, como que se diga a frase «I demand an explanation for theses shenanigans. What do you have to say?» («Esixo unha explicación a estas trasnadas. ¿Qué tes que dicir?»), que un dos protagonistas teña que enfrontarse a unha situación que supere o seu nivel de madurez e que teña que entregarse unha fotografía a outro dos personaxes da trama.
Os gañadores darase a coñecer o 5 de decembro e se repartirán entre os mesmos un total de 22.500 dólares en bonos-agasallo, que se completarán cunha viaxe de 10 días a un festival de cine en Park City (Utah, EE.UU.) para o primeiro premio.

PUBLICIDADE