YouTube ofrece maior calidade de vídeo a subscritores

martes, 11 de abril do 2023 Marcus Fernández

Os subscritores de pagamento de YouTube xa poden gozar dunha nova vantaxe na plataforma de vídeos de Google, que consiste en que, entre as resolucións nas que están dispoñibles os vídeos, figura unha variante do vídeo a 1080p cunha maior taxa de bits, o que supón imaxes máis nítidas, o que resulte especialmente destacable en contidos de grande calidade ou nos que teñen moito movemento.
O novo vídeo 1080p Premium chega polo momento para iPhone e iPad, estando previsto que en breve chegue tamén á versión web de YouTube, non habendo aínda previsión de cando esta atractiva prestación chegará a Android e outros dispositivos (como televisores).
Lembremos que YouTube xa experimentou con limitar os vídeos de moita resolución a subscritores, pero finalmente están a preferir ofrecer máis calidade aos usuarios de pagamento que limitar as opcións aos usuarios que non pagan.

PUBLICIDADE