YouTube faise máis social

venres, 12 de xuño do 2009

Dende Google queren mellorar a sociabilidade de YouTube, e agora, cando subimos un vídeo novo, teremos a posibilidade de compartir o clip en Facebook, Twitter e Google Reader, podendo retractarnos en calquera momento marcado os vídeos que queiramos coma privados.
Para esta funcionalidade YouTube fai uso da tecnoloxía Facebook Connect, que está a gozar de grande popularidade como sistema de identificación.

PUBLICIDADE