YouTube experimenta co vídeo estereoscópico

martes, 21 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Aínda que o vídeo en 3D polo momento parece limitado a unhas poucas salas cinematográficas, é posible que chegue a imporse nos fogares a medio prezo, polo que dende Google xa están a preparar o terreo, e experimentan coa reprodución de vídeo estereoscópico a través de YouTube, de xeito que vídeos gravados con dúas cámaras poden presentarse en pantalla de distintos xeitos: para a súa reprodución con lentes vermella e azul, lentes verde e maxenta, coas imaxes gravadas en paralelo ou con cada unha das mesmas por separado.
Deste xeito, os vídeos que estean gravados en 3D poderán reproducirse de distintos xeitos, o que permitiría a súa adaptación para futuros monitores 3D ou con rudimentarias lentas con filtros de cores, sen ter que pre-procesar os vídeos para cada soporte, senón que YouTube encargaríase de tal tarefa en tempo real.
Para facernos unha idea do potencial de YouTube co vídeo en 3D o mellor que podemos facer é ver o vídeo de exemplo que publicaron nos pasados días:

PUBLICIDADE