YouTube estrea un xogo de votacións de vídeos por categorías

martes, 27 de decembro do 2011 Marcus Fernández

Non son poucos os usuarios que se lanzan a YouTube coma fonte de contidos para o seu tempo de lecer, pois esta plataforma de vídeo ten un potencial tremendo para pasar o tempo descubrindo material novo e divertido no que poder perderse durante horas, e afondando nesta posibilidade presentan agora YouTube Slam, un espazo no que poder descubrir a cantantes afeccionados con talento, cortes de vídeo realmente raros e vídeos adorables a través dunha especie de concurso no que se presentan vídeos de xeito simultáneo para que elixamos o que máis nos gusta, podendo consultar tamén os máis botados nas categorías de Concurso de vídeos raros, Music Slam, Concurso de vídeos máis monos e Comedy Slam.
Esta interesante sección de YouTube non parece moi axeitado visitala en horas de traballo, e moitos atoparán aquí un lugar axeitado para descubrir eses vídeos con compoñente viral que chegan a converterse nos máis populares do ano.