YouTube declara a guerra ao contido duplicado
luns, 15 de outubro do 2018
Nos últimos dÃas está a causar certo malestar na comunidade
de creadores de contidos para YouTube o feito de que a plataforma de vÃdeo de
Google mudase
as súas condicións para YouTube Partner Program, ou sexa, o programa de
afiliación para poder monetizar os vÃdeos publicados, de xeito que comezaron a eliminar
do programa a canles de vÃdeo que publicaban contido duplicado, ou sexa, que xa non só penalizan as vulneracións
do copyright, senón tamén os contidos
que non son orixinais e non engaden valor.
Dende YouTube aseguran que o uso de material de distintas fontes para a súa
reutilización engadindo comentarios, narrativas, un valor educativo ou unha
edición de calidade continúan a ser válidos para optar á monetización, pero de xeito xeral os usuarios que queiran
aproveitarse do traballo alleo van telo moito máis difÃcil agora, grazas a
estas novas normas que principalmente perseguen uns contidos de maior calidade.
Normalmente considerarase que un contido está duplicado sen semella ter sido xerado
de xeito automático, sen está extraÃdo dunha fonte allea sen engadir contido ou
narrativa, se o subiron a YouTube varios usuarios ante ou se subiuse a YouTube
procurando evitar o control de copyright.
Actualmente hai unha chea de canles que se atopan en revisión por mor destas
novas normas, polo que piden paciencia, xa que a consideración de se unha canle
non é orixinal dabondo non é doada de facer, e pode ter consecuencias difÃciles
de reparar.