YouTube deberá retirar da súa web as imaxes pertencentes a Telecinco

mércores, 23 de xullo do 2008 Marcus Fernández

En YouTube hai milleiros de clips pertencentes a Telecinco que acumulan millóns de visualizacións

O Xulgado do Mercantil nº 7 de Madrid estimou a petición de Telecinco de solicitar medidas cautelares para que non se ofrezan en YouTube gravacións propiedade da canle televisiva pese a que dende o portal de vídeos de Google estimaban que a demanda non era válida.
O auto xudicial aínda non é firme, e pide «a suspensión da utilización das emisións e gravacións audiovisuais cuxo dereito de propiedade intelectual pertenza a Gestevisión Telecinco Cinema SAU, no sitio web operado por YouTube, mentres non conten cunha autorización expresa e por escrito de Telecinco e Telecinco Cinema».
O texto xudicial pide a Telecinco unha garantía de 100.000 euros para a Secretaría de Estado de Telecomunicacións, para que proceda, mediante os mecanismos legais, á suspensión destas emisións e das futuras, pedíndose tamén a Telecinco que identifique os seus contidos para suspender a súa emisión non autorizada.

PUBLICIDADE